Comisan máis de 8 toneladas de haxix en Alxeciras a unha rede de narcos galegos
Unha operación internacional contra o tráfico de droga deixa polo momento 5 detidos e máis de 8.000 quilos de haxix comisados. Os narcos que supostamente coordinaban a rede eran galegos.
Os axentes sospeitan que a organización tiña estruturado o seu funcionamento a través dunha rede de narcos con base aquí, en Cambados. A droga, procedente de Marrocos, chegaba a España a través dos portos do sur da Península. Galicia era o destino final das sustancias estupefacientes e ata aquí chegaban ocultas en camións. Neste operativo os axentes incautaron máis de 8 mil quilos de haxíx que os narcos acababan de almacenar nunha vivenda en Alxeciras.
Polo momento hai 5 persoas detidas. Os axentes da comandancia de Pontevedra en colaboración coas unidades antidroga de Marrocos e os Estados Unidos son os que están coordinando esta macro operación internacional.