Comisan máis de 1.000 quilos de cocaína agochada entre plátanos no porto de Alxeciras
Publicado o 14/10/2021 08:10

A Policía Nacional e a Axencia Tributaria incautáronse de 1.152 quilos de cocaína agochada entre unha carga legal de plátanos no porto de Alxeciras. A operación desenvolveuse hai dúas semanas. Os axentes rexistraron varios colectores no porto e atoparon os máis de mil quilos de cocaína repartidos en case mil paquetes que se atopaban ocultos entre unha carga legal de plátanos.