CRTVG

Buscar

Comisan 300 doses de cocaína, heroína e cánnabis nun piso do Grove

Publicado o 27/11/2019 13:57

A Garda Civil detivo dúas persoas ás que lle aprehenderon 300 doses de heroína, cocaína e cánnabis preparadas para a súa venda nun piso do Grove. 

As investigacións iniciáronse hai uns meses, cando os veciños alertaron de que a vivenda estaba a ser utilizada como punto de distribución de droga. Isto xerou unha situación de inseguridade no inmoble pola afluencia de consumidores habituais de estupefacientes.

A operación Hortarrío culminou coa detención das dúas persoas que habitaban a vivenda, como supostos autores dun delito contra a saúde pública.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/11/2019