CRTVG

Buscar

Comisan 30 toneladas de atún vermello no porto de Vigo

Publicado o 21/07/2020 13:03

A Garda Civil interceptou en Vigo unha partida de trinta toneladas de atún vermello. O peixe, unhas 150 pezas, estaba a bordo de dúas embarcacións de bandeira portuguesa que presuntamente superaban as cotas permitidas. O comiso realizouse de madrugada durante un dispositivo especial de vixilancia no porto do Berbés.

Noticias web

21/07/2020