Comisan 225 kg de material pirotécnico que se almacenaba ilegalmente nun establecemento de Tui
Publicado o 05/12/2019 17:18
Incautados 225 quilos de material pirotécnico almacenados ilegalmente nun establecemento autorizado de Tui.
A Garda Civil comisou o material neste local comercial que só tiña autorizado un depósito de 50 quilos. O propietario enfronta unha sanción de ata 30.000 euros por case quintuplicar a cantidade permitida. Trátase de foguetes, petardos e bombetas que tiña gardados en lugares tan perigosos como a zona de venda ao público ou na terraza do piso superior do inmoble.