CRTVG

Buscar

Comisados 143 quilos de pescada inmadura no porto de Ribeira

Publicado o 22/04/2021 14:49
Comisados 143 quilos de pescada inmadura no porto de Ribeira

Comisados máis de 140 quilos de pescada inmadura en Ribeira. É o resultado dunha operación conxunta da Garda Civil e dos Gardacostas da Xunta en dous pesqueiros de Ribeira, un cando volvía da pesca e outro xa estaba no porto.

O primeiro transportaba 80 quilos de pescada que non daba o tamaño mínimo legal agochados en dúas zonas do barco. No outro pesqueiro tamén tiñan ocultas dez caixas coa mesma especie con medida antirregulamentaria.

Noticias web

22/04/2021