Comisadas 2,5 toneladas de metanfetamina en México
Publicado o 11/10/2021 09:04

Espectacular persecución policial preto de illa de Cedros, na Baixa California. Unha embarcación sen matrícula foi interceptada cando transportaba dúas toneladas e media de metanfetamina. Foron detidos os seus cinco tripulantes. Na Baixa California opera o cártel de Sinaloa, pero de momento descoñécese se a droga se fabricou en México ou se provén de América do Sur.