CRTVG

Buscar

Comida marroquí para viaxar este Nadal a través dos sabores

Publicado o 23/12/2020 21:27

Neste Nadal as viaxes están restrinxidas, pero non a través dos sabores. Viaxamos de Vigo a Marrocos con especias, aromas e produtos típicos que aterran directamente na nosa mesa. Najat e Said traballan arreo nestas datas para satisfacer as encargas dos que, cada vez máis, se atreven a introducir no noso menú o sabor marroquí. Preparada ou non no tradicional tajim, a carne Halal sorprende polo seu sabor.

Os doces son o produto estrela. Pero tamén os encartados, as especias; o limón confeitado, imprescindible nas ensaladas. Imprescindible tamén... un clásico.

Sexa na Noiteboa ou en calquera época do ano, con todos estes ingredientes queda un menú diferente, saboroso e aromático. O brinde, a gusto do consumidor. Nós, xa nos tardaba, fixémolo cun riquísimo té marroquí.




 

Noticias web

23/12/2020