CRTVG

Buscar

Comezou o Dakar coa etapa prólogo

Publicado o 02/01/2021 14:51

Comeza o Dakar 2021. A etapa prólogo establece a orde de saída
E estamos atentos ao comezo do Dakar en Arabia Saudita, coa disputa da etapa prólogo sobre un percorrido de 11 quilómetros en Jeddah. A tirada permite establecer a orde de saída da primeira etapa. Xa remataron as motos, co mellor tempo para Brabec e o galego Edu Iglesias no posto 76 a 3 minutos 14 do líder. E tamén os coches. Impúxose Al Atiyah, con Nani Roma como o mellor español. Arestora compiten os Buggies, con dous galegos. O de Ricardo Ramilo e o de Iago de Prado e Álvaro Rodríguez, fillo de Luis Moya.

Noticias web

02/01/2021