CRTVG

Buscar

Continúa o cribado masivo no IFEVI de Vigo

Publicado o 29/01/2021 20:58

Ás portas do pavillón catro do IFEVI agardan as persoas citadas este sábado para someterse a un test de antíxenos voluntario.

Este sábado pasarán por aquí unhas 5.700 persoas. E coa mostra na man, en apenas quince minutos, diranlles o resultado.

Onte, nesa primeira xornada piloto, fixéronse máis de 500 tests. Todos eles foron negativos. Só na cidade de Vigo hai arestora máis de 1.400 casos activos.