CRTVG

Buscar

Vigo inicia a instalación de once millóns de luces led para o Nadal: "Nova York quedará pequena"

Publicado o 04/08/2021 14:41

Aínda non soan as panxoliñas, pero o Nadal xa comezou oficialmente en Vigo co inicio da instalación da iluminación. O Concello di que son os meses que precisan para instalar os once millóns de luces led e os tres mil motivos de Nadal que, este ano, iluminarán 350 rúas da cidade. Un despregamento que atopa detractores.

Dende o Concello defenden o custo dunha iluminación comprometida co ambiente que agardan que traia a Vigo milleiros de visitantes se a pandemia o permite. Unha aposta ben recibida por outros moitos cidadáns. 

En Vigo prometen moitas sorpresas e aseguran que, unha vez máis, Nova York non poderá competir co Nadal vigués, ao que, por certo, lle saíron competidores máis próximos. Ourense adiantouse este ano e xa comezou onte a instalación da iluminación de Nadal. 

Noticias web

04/08/2021