CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Comezou a vendima en dúas adegas do Ribeiro

Publicado o 11/09/2018 21:37

Estes días van ser de moitísimo traballo na comarca do Ribeiro. Comeza a vendima. Hoxe arrancou en dúas bodegas. Pero, a partir de agora sumaranse moitas máis.


Sí, coma en outros puntos de Galicia, en pleno mes de setembro comezaron os traballos de vendima aqui no Ribeiro. Aínda que din que o forte será a partir da semana que vén.

Por agora os danos polo mildio fan difícil ter unha previsión da produción este ano, pero aseguran que vai ser moito mellor ca do ano pasado. Din que a uva está sa e ten moi boa calidade. En Valdeorras e a Ribeira Sacra, tamén comezou a vendima nalgunha adega e en Monterrei, haberá que agardar a finais desta semana.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

11/09/2018