CRTVG

Buscar

O xurado popular puido escoitar os audios de Ana Julia Quezada trasladando o cadáver de Gabriel

Publicado o 13/09/2019 08:44

Na cuarta xornada do xuízo contra Ana Julia Quezada, única acusada da morte do pequeno Gabriel Cruz, os membros do xurado puideron escoitar as gravacións efectuadas pola Garda Civil co micrófono instalado no coche da acusada.

Corresponden ao momento en que retira o cadáver da parcela de Rodalquilar para trasladalo no seu coche ata o seu domicilio, momento no que é detida.

"Levanta o corpo e trasládao, lévao como en colo, trasládao ao maleteiro do vehículo. Cústalle levantar o corpo, méteo no maleteiro e a continuación pecha o maleteiro, monta no vehículo, monta o can e vaise da parcela".

Na súa dobre condición de peritos e testemuñas declararon tamén os membros da UCO que realizaron as fotos de Ana Julia desenterrando o cadáver e os que fixeron o rexistro do domicilio da acusada.
A proposta da fiscalía e a defensa, visionouse na sala o vídeo da reconstrución dos feitos realizada durante a fase de instrución.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí