Comezaron os traballos de dragaxe na lagoa de Baldaio para desaugar os terreos lindeiros
Publicado o 28/02/2020 14:33
Comezaron en Baldaio os traballos para dragar a auga que anegou os terreos lindeiros coa lagoa. A auga entrou porque houbo unhas mareas moi vivas o mes pasado e coa auga entraba area. A ponte comunica auga doce con salgada, e ao quedar aí a auga, a area tapou e xa non podía saír, e agora xa é imposible que saia. Nós levamos así dezasete días.
Hai catro persoas que están incomunicadas dende hai dezasete días, e en peor situación ca nós, porque nós ata o de agora aínda tivemos este acceso, aínda que agora xa está inundado de auga. Pero estas outras catro persoas levan todo este tempo que non poden ir por pan, nin correo, nin auga nin facer a compra, salvo por un muro de dous metros ao que nós lles damos acceso para que poidan entrar e saír".