CRTVG

Buscar

Comezan os trámites para que a Ribeira Sacra sexa Ben de Interese Cultural

Publicado o 29/09/2017 15:05

Comezaron os trámites para a declaración da Ribeira Sacra como Ben de Interese Cultural. É o paso previo para que poida optar a ser distiguida como Patrimonio da Humanidade.

As impresionantes vistas das beiras dos ríos, os socalcos nos que se cultivan as videiras ou os numerosos templos e mosteiros románicos espallados polo terreo constitúen os elementos que levaron á Xunta de Galicia a outorgar á Ribeira Sacra a condición de Ben de Interese Cultural. De feito, vai ser a primeira vez que se conceda esta categoría a unha das denominadas paisaxes culturais. 

O despegue do turismo, cun incremento constante nos últimos anos grazas a unha variada oferta que inclúe rutas en catamarán e visitas ás igrexas, e a proxección internacional dos viños, cunhas exportacións que roldan o 20%, son outros factores que se tiveron en conta para conceder a declaración.

Converterse en Ben de Interese Cultural é un feito esencial para dar o seguinte paso e chegar a ser Patrimonio da Humanidade, algo no que dende a Ribeira Sacra se traballa dende hai anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/09/2017