CRTVG

Buscar

Comezan os traballos para parcelar Samil e O Vao

Publicado o 15/06/2020 15:32

E a nova normalidade tamén chega aos areais galegos. Comeza a temporada de praia e en Vigo os operarios iniciaron os traballos para a parcelación. Iniciaban á primeira hora da mañá as tarefas de división dos areais de Samil e O Vao, para adaptalos ás medidas de distancia e seguridade esixidas pola Covid-19.

A parcelación consistirá na división das praias nun millar de cuadrículas limitadas a seis bañistas cada unha, que poderán levar as súas toallas, tumbonas ou cadeiras. A afluencia de persoas na area superará as 6.000 persoas e elevarase ata 15.000 tendo en conta o paseo e as zonas verdes.

Noticias web

15/06/2020