CRTVG

Buscar

Comezan os traballos para endereitar do pesqueiro caído no peirao de Oza

Publicado o 26/06/2019 14:08

Na Coruña, comezaron os traballos para endereitar o barco que envorcara no peirao de Oza.
Despois de tres meses e medio do accidente e varios intentos por parte de diferentes empresas para tratar de enderezar o barco, esta mañá comezaron os traballos máis complexos.

Pero o caso é que a empresa madrileña que se encarga da operación leva xa días traballando no proxecto.
Este é o momento en que o pesqueiro francés "Lumian" envorcaba, o pasado 7 de marzo, despois de ser reparado neste varadoiro de Oza, xusto cando se ía botar ao mar. O accidente, malia a súa aparatosidade, non causou feridos. Agora segue aberta unha investigación, pendente tamén de poder obter probas novas.