CRTVG

Buscar

Comezan os traballos de recuperación do monte en Ribas de Sil

Publicado o 23/09/2021 20:22

Tras os incendios, o primeiro que se fixo foi un estudo de urxencia sobre o grao de afectación do chan. Despois avalíase onde pode ser maiores as vías de erosión para evitar escorreduras e para evitar danar os leitos fluviais.

Esta tarde dez operarios están estrando os rolos de palla nas zonas onde o lume foi máis virulento, un labor que xa se demostrou positivo noutros incendios.

Esta tarde tamén había técnicos da unidade de apoio traballando cun dron para visualizar zonas máis sensibles do terreo.

Vinte días despois do incendio, aínda hai áreas que fumean. Proseguen as investigacións, pero todo apunta a que foi intencionado.

En total, está previsto que traten co acolchado unhas 20 hectáreas. Dadas as dificultades do traballo non contan rematar antes de tres semanas.

Noticias web

23/09/2021