CRTVG

Buscar

Comezan os traballos de despezamento da balea que apareceu varada en Ponteceso

Publicado o 22/01/2019 18:32

En Ponteceso comezaron os traballos de despezamento da balea que apareceu varada o sábado na praia de Balarés. Os restos orgánicos serán tratados na planta de Cerceda, despois de que os biólogos analicen unhas mostras para averiguar a causa da morte , e o Concello de Ponteceso quedará co esqueleto para expoñelo nun futuro como reclamo turístico

Motoserras a modo de bisturís para despezar un xigante mariño de 18 metros e case 20 toneladas de peso. Asi comezaron esta mañá os traballos para retirar a balea que o mar depositou o sábado na praia de Balarés, baixo a supervisión da Coordenadora para o Estudo dos mamíferos Mariños e a ollada de ducias de curiosos. Traballan con precisión de cirurxáns para non danar o esquelete´.

É un exemplar macho de rorcual común. Os biólogos do CEMMA recolleron restos para analizar e coñecer as causas da morte.É o séptimo exemplar que aparece varado na costa galega nun mes. Queda saber o porqué.

Os restos serán incinerados na planta de GESUGA en Cerceda. O esqueleta enterrarano mnun sarcófago preto do Poligono industrial de Ponteceso á espera de poder tratalo para expoñelo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/01/2019