CRTVG

Buscar

Comezan os traballos de desentullo da zona cero da explosión de Paramos

Publicado o 08/01/2019 21:24

En Tui comezaron hoxe os traballos de desentullo da zona cero da explosión da pirotecnia de Paramos. Esta mañá comezaban os labores de desentullo no barrio da Torre de Paramos que, case oito meses despois da explosión dun almacén clandestino de material pirotécnico, presenta unha imaxe de total desolación.

Uns traballos que está previsto que se rematen en dous meses, e que serán moi complicados, xa que haberá que facer un labor manual de desentullo para poder separar o amianto que aínda queda baixo dos cascallos das casas. Algúns veciños están volvendo ás súas casas para recoller as pertenzas que aínda se poden salvar antes das demolicións dos edificios que resultaron máis danados na explosión do pasado 23 de maio.

O novo ano chegou coa boa nova que esperaban os veciños de Paramos: o comezo dos traballos desentullo da zona cero da explosión da pirotecnia ilegal do pasado 23 de maio. Queda por diante un duro traballo de limpeza e demolicións manuais.

Só nos traballos de retirada de amianto a comezos de verán recolleron 200 toneladas de material contaminante, e esperan encontrar moito mais entre os cascallos. Os veciños regresan as súas casas para recoller as poucas pertenzas que lles quedan antes da demolición de parte das construccións.

Un desentullo que é fundamental para acometer as obras para a recuperación deste barrio da Torre que os veciños, malia todo, seguen a coidar con esmero.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/01/2019