CRTVG

Buscar

Comezan os traballos de demolición do antigo hospital de Lugo

Publicado o 25/06/2019 14:40

As máquinas botan abaixo dende este mediodía a estrutura do antigo Hospital Xeral de Lugo, no barrio da Residencia. No lugar vaise construír un centro de saúde, unha residencia de maiores con 120 prazas e un centro de innovación aeronáutica, entre outras cousas.

Esta derruba do vello hospital era unha actuación moi agardada polos veciños deste barrio da Residencia.

Os veciños cren que a desaparición dos vellos edificios do hospital xeral é o primeiro paso para que esta zona de Lugo poida contar de novo con importantes dotacións que xeren actividade e que devolvan a este popular barrio da Residencia o esplendor que tivo durante as case catro décadas en que albergou a principal infraestrutura sanitaria da provincia.

Co traslado do hospital, varios negocios pecharan as portas e o barrio, segundo os veciños, perdeu moita vida. Agora ven con optimismo este avance e agardan que as distintas administracións executen canto antes os proxectos previstos nestas parcelas, como o centro integral de saúde ou a demandada comisaría da Policía Nacional.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/06/2019