CRTVG

Buscar

Comezan os test rápidos ao persoal de educación da área de Vigo e de Pontevedra

Publicado o 26/08/2020 14:25

4.000 deses docentes pertencen á área sanitaria de Pontevedra e do Salnés e uns 7.500 á de Vigo. Serán citados de maneira gradual dende hoxe e ata mediados de setembro a unhas probas que comezaron este mércores. Deben someterse a un test rápido que en cuestión de dez minutos lles indica se son positivos activos ou se están inmunizados.

Na área sanitaria de Vigo, os tests faranse no Meixoeiro. Este mércores foi a quenda dos docentes da zona do Baixo Miño, nas estapas de secundaria, primaria, infantil e FP.

Serán un total de 400 probas diarias, de carácter voluntario, divididas en quendas de mañá e tarde.

Tamén na área sanitaria de Pontevedra comezan este mércores os cribados preventivos da covid-19 mediante tests rápidos a uns 350 xornaleiros que participarán este ano na vendima.

Noticias web

26/08/2020