Comezan os test de saliva nas farmacias piloto da provincia de Pontevedra
Publicado o 04/02/2021 15:04
As farmacias comezan a recibir tubos en que teremos que depositar a mostra para facer as probas. Cren que a colaboración das boticas nos cribados é moi positiva.
A distribuidora farmacéutica trasladará as mostras da botica ao laboratorio, onde se analizarán polo método de pooling. O Sergas informará sobre o resultado da análise. Na rúa a iniciativa ten boa acollida.
O cribado vai dirixido a poboación de entre 40 e 65 anos. O obxectivo é facerlle a proba ao maior número de xente para detectar os contaxios canto antes.