CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Comezan os exames de setembro da ABAU

Publicado o 12/09/2017 14:28




Había algo de nervios esta mañá entre os estudantes que se enfrontan ás probas de acceso á universidade na convocatoria de setembro.

"Eu estou na FP superior e vou un pouco máis relaxado pero quero ter a "selectividade" por se quero cambiar e pasarme a unha carreira."

"Agora xa está estudado. Din que o exame é fácil. Soe facelo e esquecerse de todo."
"Moi nervioso, xógome moito."

Na primeira proba, de Lingua Castelá e Literatura, tiveron que escoller entre a literatura de posguerra ou a xeración do 27. Os comentarios de texto sobre a construción do muro entre Estados Unidos e México ou redes sociais.

"Non necesito unha nota, só ter o bacharelato aprobado porque sigo polo conservatorio superior. Do exame saio bastante contento. Espero aprobar e ter "selectivo" por se acaso."

"Eu fixen a opción B, resultoume máis fácil. A literatura era a que tiña estudiado."

"Eu prefiro as carreiras de ciencias e necesito unha media alta de 7 ou 8 no cómputo total. Espero sacar boa nota."

2.132 estudantes de toda Galicia están matriculados para facer esta proba entre hoxe e o xoves. Unha parte deles só se van examinar das asignaturas voluntarias para subir nota. Dentro dunha semana abre o prazo de matrícula para os que pasaron a ABAU en xuño e ata a última semana de setembro non se saberán as prazas dispoñibles para os que superen esta convocatoria extraordinaria.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí