CRTVG

Buscar

Comezan os cribados preventivos para docentes na provincia de Pontevedra

Publicado o 26/08/2020 20:27

Poucos días antes de que comece o curso escolar, as áreas sanitarias da provincia de Pontevedra empezaron a realizar test rápidos aos docentes. Son citados de maneira gradual e cunha pequena mostra de sangue saberán se teñen ou tiveron o virus.

Foron 57 os docentes citados a realizar pola tarde a proba no Hospital Provincial de Pontevedra. Acudiron todos aos que chamaron.

Este tipo de probas serven para aumentar a cifra de casos detectados. Se hai un positivo, estas persoas deberán seguir o protocolo sanitario, polo que se lles farán unha PCR.

En total son 11.500 os docentes das dúas áreas sanitarias de Pontevedra chamados a facer esta proba, que durará ata mediados de setembro. En só dez minutos saberán o resultado do test.

Noticias web

26/08/2020