Comezan os controis de acceso á praia das Catedrais
Hoxe comezan os controis nos accesos á praia das Catedrais. Agárdanse milleiros de visitas, pero hai tope por día.
4.812 persoas, ese é o límite de persoas que poden acceder por día á praia das Catedrais. Pero para poder facelo, antes hai que solicitalo na web www.ascatedrais.xunta.gal. Aí conséguese o permiso de xeito gratuíto e directo. Logo hai que presentar esa autorización, en papel, ou dixitalmente, ás persoas que controlan os accesos. Amais como novidade hai sinalización sobre as normas de seguridade. De non respectalas, as multas poden ser de 600 a 6.000 euros por non respectar as normas de seguridade.
Belén do Campo, directora xeral de Patrimonio Natural: "O que queremos transmitir á xente é que ten que estar atenta á cartelería que está sinalizada. Os axentes ambientais van estar durante oito horas vixiantes para que a xente a cumpra".