CRTVG

Buscar

Remata a primeira xornada das probas da ABAU en Galicia

Publicado o 12/06/2019 21:06

Rematou a primeira xornada das probas da ABAU en Galicia para 11.400 estudantes galegos. Pola tarde fixeron os exames de lingua e literatura galega e da primeira lingua estranxeira. 

Por un erro involuntario, en Vigo abriron antes de tempo o exame de lingua galega. A incidencia comunicouse á Comisión Interuniversitaria, que acordou prescindir desa proba e cambiala polo exame de reserva. Todo está previsto na ABAU, incluídos os detectores de microfónos, móbiles ou calquera outro aparello prohibido durante as probas.

Xa estaban avisados. Non colleu a ninguén por sorpresa que este ano eran máis estritas as normas contra o uso de aparellos electrónicos e medidas para evitar que poidan recibir axuda desde o exterior.

Case 11.400 estudantes galegos teñen o seu futuro universitario pendente destes exames. Do ben que lles vaia dependerá que poidan entrar ou non a cursar a titulación desexada. Pero en xeral din que este ano a ABAU non está sendo tan difícil como temían.

Tras facer as probas das materias troncais dos diferentes bacharelatos, este xoves examinaranse das materias específicas. Dependendo das optativas que teñan, algúns incluso non terán que acudir aos exames do venres.

 
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/06/2019