CRTVG

Buscar

Comezan as viaxes á illa de Ons

Publicado o 12/04/2019 15:06

Outra opción atractiva para a Semana Santa, unha visita ao parque nacional das Illas Atlánticas. As viaxes ás Cíes xa estaban dispoñibles. Agora, a navieira Mar de Ons activa as reservas para Ons. As viaxes poderán facerse a partir de mañá sábado, 13 de abril, ata o domingo 21.

Hai previstas saídas a Ons desde os portos de Bueu, Sanxenxo, Portonovo e Vigo. A venda de billetes está dispoñible na páxina web de Mar de Ons.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/04/2019