CRTVG

Buscar

Comezan As San Lucas de Mondoñedo coa baixada dos cabalos

Publicado o 17/10/2019 21:29

Medio milleiro de cabalos do monte foron conducidos polos seus donos ata a praza da catedral de Mondoñedo. O acontecemento, que marca o inicio das festas patronais da vila, causou máxima expectación entre os numerosos asistentes.

Os cabalos chegaron concentrados en tres grandes grupos, o maior dos cales estaba formado por uns 300 animais. As reses serán vendidas na Gran Feira Tradicional de Gando Cabalar As San Lucas.

A que está considerada como a festa máis antiga do país, posto que data do século XII, ten este ano como principal novidade a celebración dun festival intercéltico coa participación do grupo bretón Gwendal. Será a véspera do Día das Maulas, que este ano cadra en domingo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/10/2019