CRTVG

Buscar

Comezan as rutas dos trens turísticos de Galicia

Publicado o 01/06/2019 20:52

Trens e cultura únense nun paquete turístico que ten por obxectivo promocionar os atractivos de Galicia a través de distintas rutas. A dos faros, entre Cabo Ortegal e Ribadeo, abre esta proposta que desde hai sete anos promove a Xunta.

A iniciativa inclúe desprazamentos en tren e tamén en autobús para coñecer os lugares máis simbólicos de cada unha das propostas turísticas.

Ademais da ruta dos faros tamén se ven de pór en marcha a do Viño da Ribeira Sacra polo río Sil.

A oferta inclúe un total de cincuenta e sete itinerarios que estarán activos ata finais de outubro.

Noticias web

01/06/2019