CRTVG

Buscar

Comezan as rebaixas, que poden prolongarse ata abril

Publicado o 07/01/2019 14:43

Aínda que hai comercios que levan días con descontos e con ofertas, o clásico e o de toda a vida é que hoxe empecen oficialmente as rebaixas.

Aínda que xa levamos varios días con descontos especiais en moitos establecementos, o comezo oficial das rebaixas é hoxe. Por diante máis de dous meses en que os descontos chegan ata o 70 por cento, sobre todo no téxtil.

E aínda que a imaxe de xente agardando nas portas dos grandes centros comerciais no inicio das rebaixas parece quedar lonxe, esta mañá atopamos tendas ateigadas de xente en busca das mellores oportunidades, sobre todo, de roupa.

Así que aproveiten para atopar as mellores rebaixas a partir de hoxe. E ármense de paciencia se teñen que facer cola para pagar ou probar.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/01/2019