CRTVG

Buscar

Comezan as rebaixas de verán cunha semana de adianto

Publicado o 23/06/2021 14:46

A partir das 12 da noite xa se poderá gozardas rebaixas de verán. Unha semana de adianto respecto da data tradicional para tentar reactivar un sector que se viu moi afectado pola pandemia, especialmente en roupa e calzado. As grandes cadeas marcan a data e o pequeno comercio non ten máis remedio que sumarse se non quere seguir perdendo clientes. Por outra banda, lembran que hoxe é posible facer rebaixas en calquera época do ano, o que fai menos atractivas as tradicionais.

Boa parte dos empregados dos comercios e franquicias seguen en situación de ERTE e moitos aínda non percibiron as axudas comprometidas. Aínda así, cren que a oferta de rebaixas permitirá remontar o vóo. O adianto das rebaixas tamén se fai en clave de aproveitamento do aumento de turistas.

Noticias web

23/06/2021