Comezan as rebaixas de verán, con descontos de ata o 70 por cento
Publicado o 25/06/2020 14:35
Tras o peche das tendas durante case 3 meses debido á crise sanitaria do coronavirus, o sector téxtil adianta a campaña das rebaixas de verán.
O comercio busca osíxeno para remontar a crise. Confían en relanzar as vendas tras a desecalada, con descontos que oscilan en moitos casos entre o 50 e o 70 por cento. Con todo, algúns clientes apostan pola contención.
Son novos tempos, tamén para ir de rebaixas, marcadas polas normas e os protocolos de hixiene e seguridade.
Dende o sector agardan obter unha facturación de entre un 20 e un 25% inferior á do ano pasado, nunha campaña de rebaixas que se prolongará ata o 31 de agosto.