CRTVG

Buscar

Comezan as peregrinacións aos Milagres de Baños de Molgas

Publicado o 03/09/2019 11:51

Os peregrinos e romeiros xa chegan aos Milagres de Baños de Molgas.

En nove días, a vila multiplica as visitas. Ata alí achégase xente dende diferentes recunchos para pedir os favores dunha da virxes, din os devotos, máis milagreiras. É tanta a devoción que moitos percorren a pé varios quilómetros en sinal de agradecemento.

O día grande será o domingo e ata daquela milleiros de persoas achegaranse ás diferentes misas e gozarán dos postos gastronómicos habilitados no recinto.

Trátase da romaría mariana máis multitudinaria da provincia de Ourense, xunto coa de Fátima na cidade.

 

Noticias web

03/09/2019