Comezan as obras para a mellora do firme entre Viveiro e Cabreiros
Publicado o 11/06/2019 16:27
Comezaron os traballos para a mellora do firme na estrada entre Viveiro e Cabreiros. Os traballos comezaron á altura de Merille e afectan un treito de nove quilómetros onde se está a renovar o asfalto.
A Axencia Galega de Infraestruturas é a encargada dos traballos nesta nacional 540, coñecida como estrada da Gañidoira. Prevese que as obras de mellora estean rematadas este venres.
Durante este tempo a circulación limitarase só a un dos carrís da estrada, polo que o tráfico estará regulado por semáforos.