CRTVG

Buscar

Comezan as obras para construír unha parada de metro na praza da Galiza no Porto

Publicado o 15/10/2021 15:54

As obras da estación de metro Galiza xa comezaron e contan con carteis explicativos que adiantan como lucirán os paneis da parada. Formará parte da liña rosa que está en construción e que debería estar funcionando dentro de 3 anos.

Esta nova estación está situada na praza da Galiza, moi cerca do coñecidos xardíns do palacio de Cristal, e que está presidida por unha estatua dedicada a Rosalía de Castro.

Noticias web

15/10/2021