Comezan as obras do aparcadoiro da intermodal de Ourense, con cambios no tráfico

Avanzan as obras da estación intermodal en Ourense. Hoxe comezaron cos traballos de construción do aparcadoiro soterrado.
No barrio da Ponte dende hoxe e ata o outono do 2020 haberá que circular por rutas alternativas porque hai varias restricións no tráfico. Un ano é o que está previsto que duren as obras de construción do aparcadoiro soterrado que lle dará servizo á futura estación do AVE. Un aparcadoiro que terá máis de 300 prazas e que contará en superficie con paradas rápidas tanto de taxis como de particulares.
O paso seguinte: a construción da estación de autobuses nesta zona, nos terreos previstos. O Adif e a Xunta acaban de manter unha reunión e están dispostos a estudar a posibilidade de que os dous proxectos se poidan desenvolver simultaneamente.