CRTVG

Buscar

Comezan as obras de reparación do paseo afundido no Marisquiño

Publicado o 11/01/2021 16:47
Comezan as obras de reparación do paseo afundido no Marisquiño

A Autoridade Portuaria de Vigo iniciou as obras de reparación do paseo afundido durante a celebración do concerto final no Marisquiño hai máis de dous anos. Terá un custo de 2,63 millóns de euros e e as obras de reparación terán unha duración de nove meses.

En setembro tería que estar rematado o novo paseo de madeira desde o peirao de comercio ata a estatua de Julio Verne, que é o tramo que está en malas condicións e que será reparado por completo.

A operación púxose en marcha tras asumir en toda a súa totalidade a Autoridade Portuaria de Vigo a conservación da contorna de Abrir Vigo ao Mar.

Mantense o proceso xudicial para dirimir responsabilidades polo afundimento do paseo marítimos, con acusacións cruzadas entre o Porto e o Concello.

Todo parece indicar que o asunto se arquivará pola vía penal, quedando a civil aberta para os centos de afectados polo afundimento do paseo.

Noticias web

11/01/2021