CRTVG

Buscar

Comezan as negociacións entre PNV e PSE para reeditar o Goberno vasco

Publicado o 20/07/2020 15:06

E no País Vasco comezaron as negociacións para formar goberno tras as eleccións autonómicas.

PNV e Partido Socialista queren reeditar o acordo da pasada lexislatura. O lehendakari en funcións e o presidente do Partido Nacionalista Vasco reuníronse coa secretaria xeral dos socialistas vascos para intentar pechar canto antes os detalles dun goberno de coalición.

O PNV obtivo nos comicios 31 escanos, e o PSE 10, co que teñen asegurada a maioría absoluta no Parlamento de Vitoria.

Noticias web

20/07/2020