CRTVG

Buscar

Comezan as negociacións entre DO e o PP para concretar a coalición en Ourense

Publicado o 17/06/2019 18:32

En Ourense comezan as negociacións entre Democracia Ourensana e o Partido Popular para concretar un goberno de coalición. A primeira medida será constituír a Xunta de Goberno local, que será paritaria, 5 edís dun partido e 5 do outro. En canto á repartición de competencias, todo apunta a que os populares ostentarán a única tenencia de alcaldía, así como Urbanismo ou Facenda. Democracia Ourensana quere xestionar Infraestruturas, Persoal ou Festexos.








 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/06/2019