CRTVG

Buscar

Comezan a vacinar en Santiago 1.100 persoas que non acudiran á súa cita

Publicado o 11/06/2021 14:54

O Sergas comeza coa repesca masiva. O Servizo Galego de Saúde contactará con todos os que quedaron atrás, por iso insiste en que se actualicen os datos na web ou que se chame a eses dous teléfonos onde se lles ofrecerá información pormenorizada de como deben actuar para vacinarse. Se é preciso, enviarán cartas. O obxectivo: chegar ao 100 por cento de vacinados. 

Ademais das máis de once mil persoas que están citadas en toda Galicia esta fin de semana, esta tarde en Santiago avisaron xa máis de 1.100 repescados. O Sergas segue ademais co calendario de vacinacións previstas. Xa están vacinados preto do 90 por cento dos que teñen entre 50 e 59 anos.

Noticias web

11/06/2021