CRTVG

Buscar

Comezan a recibir a vacina os mozos de 16 a 19 anos con autocita

Publicado o 27/07/2021 16:46

E xa comezaron a recibir a vacina os mozos de 16 a 19 anos que se rexistraron a través do sistema de autocita. O Sergas habilitou 17.000 ocos que se esgotaron en poucas horas.

Carla ten 18 anos e estaba desexando vacinarse. As citas esgotáronse en poucas horas. Pertencen á franxa de idade cunha maior incidencia, entre os 16 e os 29 anos, por iso tras vacinarse se lles ofrece a posibilidade dunha PCR. 

Un momento, o da vacina, que algúns quixeron inmortalizar cunha foto. Como Laura, 17.000 mozos de entre 16 e 19 anos vacinaranse nas vindeiras semanas a través do sistema de autocita.

Noticias web

27/07/2021