CRTVG

Buscar

Comeza o xuízo pola demanda colectiva da OCU contra Volkswagen-Audi por alterar os controis de emisións

Publicado o 17/02/2020 10:12

Comezou en Madrid o xuízo polo denominado dieselgate. A fraude, recoñecida polo propio grupo Volkswagen-Audi, afectou en España 600.000 usuarios que mercaron coches manipulados polo fabricante para falsear as emisións. Só 7.500 deses compradores presentaron denuncia.

Do dieselgate encárgase aquí o Xulgado Mercantil número 1 de MadridAlemaña é onde está aberta a vía penal, e piden penas de ata 10 anos de prisión para o ex-presidente de Volkswagen. En Estados Unidos, onde se descubriu a fraude en 2015, o grupo antomobilístico xa leva pagados 29.000 millóns de euros en revisións, indemnizacións e multas.

A OCU denuncia diferenza de trato aos consumidores españois. "Case foi un chiste porque nos ofreceron pouco máis que merchandising para os afectados, gorras, chaveiros, para chegar a un acordo. Obviamente, nós somos unha organización seria", lamenta Ileana Izvernizeanu, voceira da OCU.

Os avogados da OCU representan aquí a 7.500 consumidores e reclaman 3.000 euros por cada un dos vehículos que foi manipulado para aparentar menos emisións. En total piden máis de 22 millóns de euros en indemnizacións: "que despois de catro anos e medio que levamos esperando, Volkswagen, que recoñeceu o feito da manipulación do sofware, indemnice polos danos causados a aqueles propietarios que mercaron un coche crendo que era moito máis medioambiental do que era e, polo tanto, como noutros países, reclamamos indemnización por esa compra que se fixo con vicio de consentimento".

Se gañan, tratarán de facer extensiva a indemnización aos 600.000 afectados en España. En total, Volkswagen recoñeceu que puxo á venda en todo o mundo 11 millóns de vehículos con programas para falsear o nivel de emisións.

 

Noticias web

17/02/2020