CRTVG

Buscar

Comeza UNIVEX21, o congreso máis importante de España sobre naves non tripuladas

Publicado o 07/07/2021 13:58

Comezou en Santiago, Marín e Rozas UNVEX21, o congreso máis importante de España sobre naves non tripuladas, que reúne máis de 70 empresas do sector aeroespacial e 121 relatores. O presidente da Xunta e a secretaria de Estado de Defensa dixeron na inauguración que o polo tecnolóxico de Rozas está a ser un exemplo de éxito, malia a pandemia.

O sector dos avións non tripulados foi o que máis empresas creou durante a pandemia en Galicia: pasou de 200 a 338.

Os gobernos español e galego, que colaboran neste congreso, coidan que é un auténtico catalizador empresarial. Na inauguración, o presidente da Xunta anunciou a licitación por 40 millóns de euros neste mes de xullo de catro a oito novos acordos de colaboración pública e privada para os próximos cinco anos. Feijóo espera que os novos acordos de colaboración absorvan fondos Next Generation para solución de problemas como o cambio climático ou a transición enerxética.

Noticias web

07/07/2021