Comeza unha nova edición da Mostra Exposición de Muimenta
Publicado o 05/04/2019 20:51
Hoxe é día grande en Muimenta, no concello de Cospeito, onde abre as súas portaS unha nova edición de MOEXMU.
Máis dun cento de expositores e uns 15.000 metros cadrados de maquinaria agrícola. Son algunhas das cifras da MOEXMU, un feira de referencia no sector agrogandeiro e onde se pechan moitas operacións comerciais.
Pódense ver aquí as últimas novidades do sector que chaman a atención de grandes e pequenos.
Outro dos pratos fortes son as exposicións, poxas e concursos de gando. Nelas participan preto dun cento de cabezas que se preparan para a ocasión. A feira complétase con postos de artesanía e alimentación.
Máis sobre actualidade
23/01/2021 21:54
23/01/2021 21:23