CRTVG

Buscar

Comeza unha campaña especial de control do consumo de alcol e drogas

Publicado o 16/06/2021 15:11

A Garda Civil de Tráfico está a efectuar controis, especialmente nas vías secundarias, que é onde máis se concentran os sinistros viarios. Buscan condutores irresponsables que se poñen ao volante tras consumir alcol ou calquera outra droga.

Só na pasada fin de semana detectaron nas estradas galegas máis de 200 condutores con resultado positivo en case 5.800 controis.

Desde a Garda Civil pídenlles aos condutores que se movan con responsabilidade e que non esquezan que estarán facendo unha morea de controis nas estradas, intensificando a vixilancia, tamén de cara ao verán.


 

Noticias web

16/06/2021