CRTVG

Buscar

Comeza un novo curso con expectivas mellores grazas á vacina

Publicado o 05/09/2021 14:27

Este mes de setembro volven as máscaras, as ventás abertas e as distancias de seguridade nas aulas. É o segundo curso que comeza en pandemia e cunhas medidas de precaución moi semellantes ao anterior, a pesar de que a maioría dos profesores e dos alumnos van estar protexidos pola vacina. Pero os primeiros en volver son os menores de 12 anos, para os que aínda non hai vacina. Moderna e Pfizer están realizando ensaios.

 "Este será o último grupo por vacinar, hai que avaliar risco-beneficio e tendo en conta que as vacinas non protexen do contaxio, protexen e evitan a enfermidade e a morte, pois nese balance risco-beneficio os nenos pequenos polo de agora non parece que deben incluírse, haberá que ir mirando se xorden novas variantes haberá que ir vendo pero polo de agora non é prioritario", di a inmunóloga África González

Durante a pandemia os psicólogos detectaron máis casos de ansiedade e depresión entre os adolescentes.

"De feito na pandemia desde o gurpo de emerxencias tivemos que acudir a algúns centros educativos para asesorar os profesores ante situacións de estrés, ansiedade, depresión en alumnos", explica Olegaria Mosqueda, psicóloga educativa.

Esta psicóloga educativa, que traballa no grupo de intervención en catástrofes e emerxencias, cre que agora a comunidade escolar xoga con vantaxe.

"Porque hai unha experiencia acumulada, hai unha aprendizaxe engadida e hai unha maior tranquilidade, no tocante á protección sabemos como protexernos e estamos mais protexidos pola vacina", conclúe.

Noticias web

05/09/2021