Comeza o xuízo polos contratos da Gürtel da visita do papa a Valencia
Publicado o 09/03/2020 10:46
Comeza na Audiencia Nacional o xuízo da Gürtel polos contratos da visita do papa a Valencia. No banco dos acusados sentará o ex-presidente das Cortes valencianas e ex-director xeral da Policía, Juan Cotino. E, canda el, unha vintena de persoas máis, entre as que están Francisco Correa e Pablo Crespo. Deberán responder pola suposta contratación irregular dunha empresa de Gürtel para actos celebrados en 2006, na visita do papa Bieito XVI. Céntrase no alugueiro de pantallas, mantemento e megafonía, por un importe de sete millóns de euros.