Comeza o xuízo polo intento de asasinato dunha veciña de Vimianzo
Publicado o 12/04/2021 09:30

Hoxe comeza na Coruña o xuízo polo intento de asasinato dunha veciña de Vimianzo. No banco dos acusados senta a que fora a súa parella. O home atacouna nas oficinas de Unións Agrarias, onde traballaba a vítima, aproveitando que estaba soa.
Cravoulle un coitelo no pescozo e deixouna ferida de gravidade, pero, por sorte, ela puido recuperarse. O agresor era moi coñecido na zona. Tentara facer carreira como político e tamén como actor.