CRTVG

Buscar

Comeza o xuízo contra Rodrigo Lanza, acusado de matar un home por levar tirantes coa bandeira de España

Publicado o 04/11/2019 15:10

Unha discusión por uns tirantes coa bandeira española nun bar de Zaragoza acabou a finais de 2017 coa vida de Victorino Laínez, un moteiro de 55 anos simpatizante da Falange Española. A Fiscalía sostén que Rodrigo Lanza, militante antisistema e okupa, o matou a golpes tras increpalo. Pide para el 25 anos de cárcere por entender que é un asasinato co agravante de motivos ideolóxicos, o mesmo que sostén a familia da vítima. Rodrigo Lanza asegura que actuou en lexítima defensa.

Lanza estivo en prisión cinco anos tras ser condenado en 2008 por deixar tetrapléxico un policía urbano de Barcelona durante o desaloxo dun inmoble okupa.

Noticias web

04/11/2019